Español Galego

 

Fundada en 1926 por Ramón Diéguez, a Cerámica Celta de Pontecesures, significa ó longo de xa varias décadas de existencia, unha das máis orixinais experiencias industriais do noso país e un dos proxectos máis ambiciosos de unir a producción artesanal co deseño artístico de calidade. A historia desta cerámica e a súa posterior evolución non pode desligarse da arte galega do século XX, pois nela colaboran artistas plásticos de primeira orde como Castelao, Asorey, Carlos Maside, Carlos sobrino, Manuel Torres, Bonome, Xosé Sesto, Víctor García ou José Jamardo, entre outros, os que se unían numerosos artesáns ceramistas e decoradores. baixo cuberta.


O procedemento artesanal que se empregaba nos inicios de Cerámica Celta é quizais a mellor tarxeta de presentación na actualidade, pois hoxe, utilízase os mesmos procedementos que
antano,como decoar as pezas a man unha a unha, nun traballo lento e minucioso, cun acabado excepcional, onde a antiga paleta de cores amarelo, azul e verde, intensos e brillantes, danlles ás pezas un acabado inconfundible.


Unidas á cor, a decoración e o emprego da técnica do vidriado, son outras características que fan de cada peza desta cerámica obras únicas.








 

Cerámica Celta-La Calera Telf: 986 556 190 Fax: 981 811 953